Voltar ao principio dos contidos da páxina.
Vostede está en

Experiencias motivadoras

A historia de Camila

Hai cinco anos decidín aprender francés aquí en España, onde levo dez anos vivindo.

As miñas ferramentas eran as seguintes: un libro de gramática francesa, seis meses de clases (despois atopei moreas de sitios web con contidos gramaticais, exercicios e audicións), algúns CD-ROMs con recoñecemento de voz e exercicios de pronunciación, lectura constante (libros, revistas, xornais), DVDs, intercambios lingüísticos con falantes nativos (3) e tres anos de leria en liña. Estiven en París dúas veces, pero nunca por moito tempo. Non obstante, teño moitas aptitudes e síntome cómoda falando francés case en calquera situación. Grazas ás conversacións en liña aprendín millóns de cousas por imitación e adquirín moita autoconfianza e fluidez. Debo destacar que levo practicando francés ao redor de tres anos, durante dúas ou tres horas ao día, e sigo a ler en francés todos os días. Penso que este nivel de contacto coa lingua é un factor esencial para obter un resultado con éxito.

Esta historia persoal amosa o efectivas que poden ser as lerias en liña para aprender unha lingua.

[ arriba ]