Consellos para estudantes
Non teño un grupo co que aprender
- Que vostede aprenda pola súa conta non significa que teña que estar só, sen un compañeiro. Hai varias formas de facer equipo con outros estudantes de linguas.
- Busque oportunidades para usar a lingua obxecto de estudo na internet por medio do correo electrónico, páxinas web de linguas, revistas en liña, e lerias en liña. Ofrecémoslle algunhas ideas sobre temas de conversación para os diferentes niveis de aprendizaxe de linguas.
- Déase de alta nalgún curso de linguas na internet que lle permita estudar ao seu propio ritmo e que lle facilite o contacto con outras persoas que fan o mesmo curso.
- Intente facer aprendizaxe en tándem e póñase en contacto con algún estudante no país da súa lingua obxecto de estudo.
- Os mundos virtuais ofrecen distintas plataformas para xogar e aprender con outros estudantes de linguas.
