Voltar ao principio dos contidos da páxina.
Vostede está en

Consellos para estudantes

Abúrrome facilmente e aprender é demasiado difícil

  • Aprender unha lingua non sempre é doado e leva tempo. Planifique e organice o seu tempo de estudo, por exemplo, reserve sempre unha hora en especial; non se poña metas moi altas. Cales son os seus obxectivos? Se ler un texto longo ou un libro é aburrido e difícil, non se renda. Elixa, en cambio, un texto máis curto ou máis breve. Unha idea:
    • Use as páxinas de inicio dalgunhas institucións como ferramenta de estudo, especialmente para mellorar as destrezas de comprensión de lectura e vocabulario. Antes de recorrer a un dicionario, intente adiviñar os significados dos títulos e botóns, baseando as súas intuicións no seu coñecemento previo de páxinas web. Lea as páxinas na súa lingua obxecto de estudo e apóiea con versións noutras linguas.
  • Lea revistas en liña e teña unha delas como páxina de inicio no seu navegador (as ilustracións pódenlle axudar a entender o significado dos textos). Tamén pode:
    • Rexistrarse en áreas de conversación, se as hai. É unha boa forma de aprender o rexistro informal dunha lingua. Tamén pode practicar a escribir nesas áreas – non sinta vergoña de cometer erros.
    • Dar a súa opinión en enquisas en liña. É como unha proba de comprensión de lectura, pero sen respostas erróneas!
  • Se se aburre e se cansa, reconsidere os seus motivos: Por que está a aprender unha lingua nova? Está a escoller materiais e actividades que casen cos seus intereses e necesidades? Familiarícese co país e coa cultura. É fácil atopar temas que lle interesen na televisión e na radio.
  • Atope a súa forma favorita de aprender. Por exemplo, algunhas persoas aprenden mellor escoitando a lingua, e outras precisan vela na escrita. Alterne materiais de aprendizaxe, tipos de exercicios, esquemas, os lugares onde estuda, etc. Recorde que aprender debe ser divertido. Por que non aprender por medio de xogos?
  • Se ten a posibilidade, reúnase cun grupo de persoas con intereses similares e estuden xuntos. Díganse uns aos outros que palabras ou expresións aprenderon e intenten usar as súas habilidades tan a miúdo como poidan. Pode facer aprendizaxe en tándem ou leriar na lingua obxecto de estudo. Ofrecémoslle algunhas ideas sobre temas de conversa para os diferentes niveis de aprendizaxe de linguas.
  • Manteña unha actitude positiva e non pense no que aínda non é capaz de facer. Elabore unha táboa de obxectivos e céntrese no que xa sabe. Sobre como facer un seguimento do seu progreso vexa Cal é o seu nivel?
[ arriba ]