Voltar ao principio dos contidos da páxina.
Vostede está en

Acerca de Lingu@net Europa

Garantía de calidade

Os recursos de Lingu@net Europa foron seleccionados polos membros do proxecto ou polos nosos usuarios. Os membros do proxecto aprobaron a inclusión destes recursos segundo a seguinte lista de preguntas que garanten a calidade dos mesmos:

  1. É o contido fiable e correcto lingüísticamente?
  2. O sitio web é axeitado para o usuario no que se refire á navegación, apoio (p. ex. axuda en liña) e deseño da inferface?
  3. O recurso está actualizado e (onde sexa apropiado) hai mostras de que se manterá e se actualizará no futuro?
  4. O recurso non contén material ofensivo ou ligazóns a material ofensivo?
  5. Pertence a un provedor recoñecido, é dicir, 'unha fonte fiable' como:
    • organizacións internacionais, nacionais ou rexionais e centros de apoio ao ensino e aprendizaxe de Linguas Estranxeiras Modernas
    • editoriais e medios de comunicación;
    • redes e asociacións profesionais;
    • outros individuos e institucións relacionados co ensino e a aprendizaxe de Linguas Estranxeiras Modernas cuxos recursos en liña cumpren os requisitos mencionados anteriormente.

Os recursos de Lingu@net Europa catalogáronse e clasificáronse usando un conxunto multilingüe de descritores formulados polo equipo do proxecto, e definíronse de acordo cos Estándares Internacionais de metadatos desenvolvidos pola Iniciativa Dublinesa de Metadatos Centrais (Dublin Core Metadata Initiative, DCMI).

Lingu@net Europa é gratuíto. Convidámolo a facer uso deste sitio e a que nos recomende recursos que poidamos incluír, e agradecemos os seus comentarios.

[ arriba ]