Amigos por correo electrónico ou intercambio lingüístico en liña
Os amigos por correo electrónico son coma os amigos por correspondencia de cando non había ordenadores, coa diferenza de que os primeiros normalmente intercambian correos electrónicos en lugar de cartas. Se vostede ten un amigo por correo electrónico que sexa falante nativo da lingua que está a aprender, pode participar nun aprendizaxe en tándem. Vostede e o seu compañeiro de intercambio poden axudarse mutuamente a practicar o que saben, a mellorar as destrezas lingüísticas e a aprender sobre as súas respectivas culturas. Contactar por correo electrónico é unha boa forma de facer isto.
A aprendizaxe en tándem por correo electrónico é unha maneira barata e motivadora de practicar e mellorar a lingua que está a aprender.
