Foros de debate
Se vostede quere participar nun foro de debate en liña como parte da súa aprendizaxe, normalmente ten que se inscribir nun foro enviando un correo electrónico. Despois, vostede recibirá mensaxes enviadas por outros membros do foro e terá a capacidade de enviar mensaxes que poderán ler todos os membros. Algúns foros de debate son en liña e outros son máis ben como listas de debate. Vostede pode decidir se quere participar activamente ou se prefire soamente ler as contribucións doutros membros. Pode ser unha boa motivación subscribirse a algún destes foros na lingua de aprendizaxe e nalgún tema específico que lle interese, dende mecánica ata música ...
