Conversas en directo
Hai varias salas de leria en liña, deseñadas especialmente para os estudantes de linguas, onde se pode contactar con outros estudantes e falantes da súa lingua obxecto de estudo en tempo real. Tamén pode usar salas de leria normais para aprender linguas e quedar con outros estudantes alí a horas específicas.
Vexa o efectivas que poden ser as lerias en liña para aprender unha lingua e lea a historia de Camila.
Ao leriar, tecléase o que se quere dicir e prémese ‘intro’. Inmediatamente todas as persoas que estean na sala de leria nese momento ven esa mensaxe e poden responder tamén en tempo real.
Algunhas salas de leria permítenlle configurar a conta de leria na lingua que estea a aprender. Algunhas dan a opción de manter conferencias de voz e teñen taboleiros onde vostede pode debuxar mentres fala, o que pode resultar de moita axuda cando non sabe suficiente vocabulario.
Sitios de leria en directo
Conversar en liña pode ser un xeito moi animado de practicar a lingua que estea a aprender. A lingua que se usa tende a ser bastante informal, así que é unha boa forma de practicar expresións coloquiais.
Como en calquera leria en directo, é aconsellable non proporcionar ningunha información persoal que puidera ser usada para fins errados.
Alemán, Búlgaro, Catalán, Danés, Español, Castelán, Estoniano, Éuscaro, Finlandés, Finés, Francés, Galego, Grego, Inglés, Islandés, Italiano, Lituano, Maltés, Neerlandés, Flamengo, Polaco, Portugués, Sueco
