Voltar ao principio dos contidos da páxina.
Vostede está en

Bitácoras

Un caderno web en liña ou bitácora pódese usar para practicar as destrezas de comprensión de lectura e expresión escrita con bitacoreiros de todo o mundo.

Unha bitácora é basicamente unha páxina web interactiva onde se fan comentarios sobre diversos temas e os visitantes poden responder, creando a miúdo unha comunicación en liña, sobre un tema de interese mutuo. Van desde páxinas persoais como un diario público escrito por unha persoa, ata os mantidos por unha institución, cursos académicos ou grupos cun interese en común. Hai moitos tipos distintos de bitácoras e paquetes de software dispoñibles gratuitamente en liña para crear unha bitácora propia.

Para practicar a lingua que está aprendendo, podería:

  • crear a súa propia bitácora, escribindo sobre as súas experiencias diarias, compartindo poemas, fotos e pedindo a opinión dos lectores sobre temas que lle interesen na lingua que está a aprender.
  • ler e comentar as bitácoras doutra xente
  • crear unha bitácora con outros estudantes ou falantes nativos e escribir xuntos, por exemplo, creando unha historia ou escribindo sobre intereses comúns.
  • ler noticias ou opinións doutros bitacoreiros de todo o mundo e escribir sobre as noticias do seu país na lingua que estea a aprender.

Algúns servizos axudan a atopar outros bitacoreiros (xente que escribe bitácoras), para compartir un destes recursos ou debater sobre temas que lles interesen.

[ arriba ]