Exames de lingua e ferramentas de autoavaliación
As súas destrezas nunha lingua pódense describir en termos do que vostede é capaz e non é capaz de facer coa lingua nunha situación determinada. Pódense atopar exemplos de tales descricións de destrezas lingüísticas na grella de autoavaliación do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas que se usa no Carné Europeo das Linguas.
Tamén pode examinar as súas destrezas lingüísticas con ferramentas de autoavaliación deseñadas para una lingua específica.
Non hai ningún exame de lingua válido e fiable para todos os casos e para todo o mundo! Se pon en práctica un dos procedementos de autoavaliación, lembre que os resultados só reflectirán parte das súas destrezas. Só vostede sabe o que realmente pode facer cunha lingua!
Alemán, Búlgaro, Catalán, Danés, Español, Castelán, Estoniano, Finlandés, Finés, Francés, Galego, Grego, Inglés, Islandés, Italiano, Lituano, Neerlandés, Flamengo, Polaco, Portugués, Sueco
