Voltar ao principio dos contidos da páxina.
Vostede está en

Acerca de Lingu@net Europa

Que desexa facer?

Aprender unha lingua?

  • Cal é o seu nivel proporciónalle os medios para poñer a proba as súas habilidades lingüísticas.
  • A sección Formas de aprender axúdalle a empezar a aprender unha lingua ou, se xa está aprendendo unha, permítelle facelo de forma máis efectiva.
  • Visite o Punto de encontro se desexa poñerse en contacto con outros estudantes en liña.
  • A sección Busca de materiais de aprendizaxe permítelle atopar facilmente recursos para a aprendizaxe de linguas que foron seleccionados e catalogados polo equipo de Lingu@net Europa.

Ensinar unha lingua?

Lingu@net Europa tamén ofrece acceso a recursos de utilidade para todas as persoas relacionadas co ensino de linguas (formación de profesorado, política lingüística, investigación ou dirección de centros de recursos lingüísticos), entre outros aqueles relacionados con:

  • Desenvolvemento profesional
  • Metodoloxía
  • Obras de referencia e investigación
  • Organizacións e provedores de servizos
  • Política lingüística e planificación

Vostede pode buscar estes recursos usando Palabras clave ou coa axuda dunha Busca avanzada desenvolvida especificamente para profesionais no ensino de linguas.

Lingu@net Europa é gratuíto. Convidámolo a facer uso deste sitio e a que nos recomende recursos que poidamos incluír, e agradecemos os seus comentarios.

[ arriba ]